Carla e Carlota, convocadas pola Selección Galega

05.05.2021

As dúas nadadoras alevíns veñen de ser convocadas pola Selección Galega para a disputa do Campionato de España en idade escolar, organizado pola RFEN en Lloret del Mar do 21 ao 23 de maio. 

Carla disputará a proba de 200 metros braza, mentres que Carlota competirá nos 800 metros libres. Ámbalas duas tratarán de mellorar as súas marcas, na busca de acadar para a selección, xunto co resto de convocados, o mellor resultado posible. 

A competición poderá seguirse a través da Plataforma RFENTV Dailymotion Streamming Live. 

Convocatoria 

Bases e horarios do Campionato