Campionato Galego Alevín de Verán

24.06.2021

Esta fin de semana os nadadores alevíns, Carla, Carlota e Joao, representarán ao noso clube no Campionato Galego que se disputará na Piscina Olímpica Rías do Sur, de Pontevedra.

Durante os dous días da competición, loitarán por acadar o éxito nas catro probas que disputará cada un, para as que levan preparándose toda a tempada. 

Moita sorte, campeóns!