CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN

01.07.2019

O pasado fin de semana tivo lugar na Piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego Alevin de verán coa participación de 27 clubes de toda Galicia.

Os nadador@s do club fixeron un bo campionato obtendo un total de 6 medallas.

Duas medallas de ouro para Claudia Suárez en 100 e 200 bolboreta, 2 medallas de prata para Mateo Sobrino en 1500 libres e 200 bolboreta, prata para Iria Rodriguez en 200 libres e bronce para Lucia Romanelli en 200 bolboreta.

¡¡¡NORABOA A TOD@S!!! 

RESULTADOS