Bos resultados na Liga Alevín

21.03.2021

Os nosos alevíns completaron unha fin de semana frenética, cunha boa xornada nas probas correspondentes á segunda xornada da Liga Alevín, celebrada esta mañá en Carballo. 

As probas celebráronse en dobre sesión (feminina e masculina), coa participación de todas as nadadoras e nadador da nosa sección Alevín, ademáis do ADFogar, o CN Coruña, o Casino e o Triatlón Oleiros. 

En ambos casos, os resultados foron moi bos, con estupendas marcas persoais, a pesar das dificultades para retomar os entrenos logo das últimas restriccións provocadas pola pandemia. 

¡Parabéns a todos os nadadores.!