Aprazamento Campionatos Galegos de Natación

Debido ao agravamento da crise sanitaria que nos asola, ás medidas adoutadas como consecuencia deste agravamento, e á imposibilidade de contar con instalacións con capacidade para poder albergar competicións cunha participación elevada, a FEGAN ven de anunciar o aprazamento dos  Campionatos Galegos de natación que estaban programados nas vindeiras datas.

Así, a Xunta Directiva da FEGAN, en reunión celebrada onte xoves, decidiu APRAZAR os tres seguintes Campionatos Galegos de natación previstos no calendario: Campionato Galego Máster de inverno, Campionato Galego Alevín de inverno e Campionato Galego infantil-júnior de inverno, e Copa sénior.

Segundo anunciou no seu comunicado, a FEGAN tentará a súa celebración en canto mellore a actual situación da pandemia