¡Apadriña un  pingüín!

16.01.2024

APADRIÑAMENTO PINGÜÍN 2023/24 XXXVII CAMPAÑA ANTÁRTICA DO EXÉRCITO DE TERRA

Campaña totalmente gratuita.

Animámosvos a que vos impliquedes coa  Campaña de Apadriñamento de Pingüíns que cada ano realizan os membros da XXXVII Campaña Antártica, coa que  queren transmitir o seu compromiso coa Antártida e o medio ambiente, e implicarnos a todos nestes valores de respeto pola natureza e coidado do noso planeta.

 Ao adoptar os pingüíns da Illa Decepción, uniraste a esta iniciativa e contribuirás a difundir o compromiso co coidado do medio ambiente, para que entre todos poidamos facer da Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza.

O pingüín que apadriñas conseguirá sobrevivir e converterse nun pingüín adulto, capaz de procrear e coidar dos seus pitos, completando así unha das fases do seu ciclo vital. 

Para apadriñar só tes que acceder a través da ligazón que aparece baixo este parágrafo e cubrir un sinxelo formulario. Unha vez completado e enviado, ¡recibirás inmediatamente o teu diploma de patrocinio!


Colaboran: