Campionato Galego Alevin de Verán

O Club Natación Culleredo brilla en Cervo con 18 medallas no Campionato Galego Alevín
O Club Natación Culleredo asinou unha actuación brillante no Campionato Galego Alevín, celebrado esta fin de semana en Cervo. O equipo pechou a competición con 18 medallas, confirmando o excelente nivel da súa canteira e o traballo constante desenvolvido ao longo da tempada.
O balance total foi de:
- 8 medallas de ouro
- 6 medallas de prata
- 4 medallas de bronce (3 individuais e 1 por remudas)
Entre os resultados máis destacados, cómpre salientar as actuacións de Sara Carreira (ouro en 400 e 200 libres, e en 200 e 100 bolboreta) e Martín Mariño (ouro en 100 braza, 200 e 50 libres, e prata en 50 costas), que lograron ademais a clasificación para o Campionato de España Alevín, que se celebrará en Sabadell no mes de xullo.
Tamén subiron ao podio:
- Sara Suárez: ouro en 100 braza e bronce en 800 libres e 50 braza
- Alba Cambre: tres pratas (50 e 200 bolboreta, 400 estilos) e un bronce en 100 bolboreta
- Ainara Marx: prata en 400 e 200 libres
A nivel colectivo, o club sumou tamén un bronce na remuda feminina 4x200 libres, e acadou dous meritorios cuartos postos nas remudas de 4x100 libres e 4x100 estilos.
Desde o Club Natación Culleredo destacan o comportamento exemplar do equipo, tanto dentro coma fóra da auga, e o ambiente de compañeirismo e superación que define o seu proxecto deportivo.
Este resultado reafirma ao club como referente da natación base en Galicia, e deixa unha excelente mostra do traballo que se vén realizando en Culleredo para formar nadadores comprometidos, constantes e con grande futuro.