Campionato Galego Infantil de Verán

30.06.2025

¡Dani volve subirse ao podio no Galego Infantil!

Continuamos a sumar éxitos en cada cita autonómica. Esta fin de semana foi a quenda de Dani no Galego Infantil de verán, no que acadou dous novos podios:

  • Ouro en 100 metros bolboreta
  • Bronce en 200 metros bolboreta

Ademais, completou unha gran actuación con dous postos de finalista:

  • 6º posto en 800 metros libres
  • 7º posto en 200 metros libres

Desde o club queremos felicitar a Dani polos seus resultados e pola súa actitude competitiva ao longo da fin de semana e polo seu esforzo e constancia durante toda a tempada.