CAMPIONATO GALEGO JUNIOR E ABSOLUTO
07.07.2025

Os nosos nadadores deixaron pegada esta fin de semana en Pontevedra, loitando cada proba co corazón do Club Natación Culleredo e representándonos con entrega e determinación.
Paula Hernáez (Junior 2)
- Ouro en 1500m libres (Bronce absoluta)
- Bronce en 200m libres junior (7ª absoluta)
- 4ª en 400m libres junior (5ª absoluta)
- 4ª en 800m libres junior (8ª absoluta)
Carlota Feal (Junior 1)
- Prata en 800m libres
- Bronce en 400m libres
- 4ª en 400 estilos
- 5ª en 100 mariposa
Joao Roda (Junior 2)
- 5º en 100 mariposa
- 7º en 200 mariposa (final B absoluta)
- 12º en 200m libre
- 18º en 100m libre
Iria Rodríguez (Junior 2)
- 7ª en 800m libres
- 10ª en 400m libres
- 13ª en 200m libres
Mateo Sobrino (Absoluta)
Competiu con entrega nas probas de 100 braza, 50 e 200 mariposa.
Parabéns a todas e todos polos tempos e resultados acadados. Cada carreira foi un paso adiante, reflexo do esforzo constante e do traballo diario.