Resultados Trofeo Concello de Ferrol

17.10.2021

Magníficos resultados acadados polos nosos nadadores alevíns e benxamíns no Trofeo Concello de Ferrol.  

Todos os nadadores completaron moi boas actuacións, mellorando os seus tempos nas probas disputadas. Destacaron os medallistas do torneo:

Mauro Borrazás proclamouse campión nas probas de 50 m. bolboreta, costas, braza e libres da súa categoría. 

Mar Díaz-Paché gañou as probas de 50 m. bolboreta e costas, obtendo a medalla de prata nas probas de braza e libres, e proclamándose campiona do trofeo nadadora completa da categoría benxamín. 

Sara Suárez gañou a proba de 50 m. libres da súa categoría, e ademáis obtivo a prata en braza e o bronce en costas. 

Sara Carreira obtivo o segundo posto nos 50 m. bolboreta, e a medalla de bronce nas probas de braza e libres, obtendo o premio á terceira clasificada do trofeo nadadora completa benxamín. 

Hugo Cabanas obtivo a medalla de bronce nos 50 m. bolboreta. 

Tamén obtiveron medallas de prata e bronce os dous equipos de relevos mixtos, completando unha actuación memorable. 

O equipo voltou de Ferrol cargado de ilusión e motivación de cara a afrontar a nova tempada. 

¡Parabéns a todos os nadadores!