Campionato Galego Absoluto de Inverno

26.12.2021

Durante os días 28 a 30 de decembro participaremos en Lugo no Campionato Galego Absoluto de Inverno. 

O noso equipo participará en categoría masculina e feminina, na que estará representado por nadadoras de categoría infantil. 

Debido á situación sanitaria actual, as probas masculinas e femininas realizaránse en sesións distintas, co fin de reducir, na medida do posible, a ocupación da instalación. 

¡Moita sorte a todos os nadadores!